O Colexio de Enfermería de Pontevedra traballa a reo en prol de tódolos profesionais colexiados. Os servicios dos que dispós soamente por estar connosco son moitos. Aquí adiantámosche algúns para que teñas claro co que contas:

  • Novo seguro de Responsabilidade Civil por valor de 3.005.060 euros (para todos os colexiados), por danos corporais (causados a consecuencia) producidos por faltas, erros, omisións ou neglixencias involuntarias cometidas no desenvolvemento da actividade profesional), e de cobertura toda Europa.
  • Cursos de formación totalmente subvencionados (baremables para o SERGAS).
  • Bolsa de traballo.
  • Asesoría Laboral.
  • Asesoría Fiscal (e confección da declaración da Renda).
  • Servizo de fisioterapia.
  • Descontos comerciais.
  • Boletín informativo mensual (tamén en edición electrónica).
  • Internet: acceso e conta de correo gratuítos, páxina persoal e espacio propio no noso dominio. Para máis información contactar coas oficinas do Colexio.
  • Servizo de biblioteca.
  • Premios e concursos.
  • Subvencións para congresos, xornadas e simposios.
  • Atención en Oficina.
  • Información Xeral (colexiación, certificados, cursos, subvencións, información sobre leis, Reais Decretos, Ordes... publicadas no B.O.E., D.O.G., B.O.P.).
  • Taboleiro de anuncios.

Outros:

 
home- noticias - servicios - asesoría - colexiación - descontos - emprego - enlaces - o teu espacio - xunta de goberno - tablón de anuncios