TEXTO DA DISPOSICIÓN ADICIONAL CARTA DO REAL DECRETO 183/2008 SOBRE ESPECIALIDADES DE ENFERMERÍA

A disposición adicional carta do Real Decreto 183/2008 permite que se volte a abrir o prazo de presentación  de solicitudes para obter a especialidade de Saúde Mental.

Estes son os principais cambios:

  • A partires do 21 de Febreiro de 2008 ábrese un novo prazo de 6 meses para a presentación de solicitudes do titulo de Enfermería Especialista en Saúde Mental pola vía excepcional, mediante a proba obxectiva.
  • A data para reunir a experiencia amplíase ata a data de publicación do Real Decreto 450/2005 (7 de Maio de 2005), quedando eliminada a data do 04/08/1998.
  • A formación a aportar poderá desenrolarse durante o prazo de presentación de solicitudes.
  • O proceso iniciado despois da publicación do R.D. 450/2005 e que rematou o pasado 6 de Maio de 2007 non queda paralizado e non haberá que facer ningún trámite complementario.
  • Nos casos nos que se denegara o acceso, poderá voltar a presentarse a solicitude.

Ante calqueira dúbida, poñédevos en contacto co voso Colexio de Enfermería.

 

 

 
home- noticias - servicios - asesoría - colegiación - descuentos - empleo - enlaces - tu espacio - junta de gobierno - tablón de anuncios