|
Publícase no BOCM do 4 de Febreiro a convocatoria de 800 plazas, das cales 602 son de acceso libre. A instancia para cubrir pódese descargar da páxina web www.madrid.org (3 exemplares), nos que será imprescindible a sinatura do aspirante, e que deberán ser presentados en calqueira oficina de Caja Madrid, Banesto, Caja Duero, Ibercaja, BBVA o La Caixa, xunto co impreso de pago modelo 030. Ambos modelos deben ser cubertos na súa totalidade tendo en conta as seguintes indicacións: No modelo de inscripción: código 6001. No modelo de pago:
Ambolos dous impresos deben ser entregados xuntos. Estarán eximidos de pago:
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes a contar dende o día seguinte á publicación da presente convocatoria no BOCM. O lugar, data e hora do exercicio publicaráse no BOCM con 1 mes de antelación. FASE DE OPOSICIÓN Versará sobre as materias que se especifican no Anexo I da convocatoria. Constará dun exercicio único e igual para todos os sistemas de acceso, que terá carácter eliminatorio, contestando nun prazo máximo de 180 minutos un cuestionario de 10 preguntas da parte xeral do temario e 90 preguntas da parte específica, ademáis de 10 preguntas reserva, 2 da parte xeral e 8 da específica. Todas as preguntas terán 4 respostas alternativas, sendo só unha delas a correcta. As contestadas erróneamente restarán un quinto do valor asignado ás respostas correctas. A puntuación máxima correspondente a 100 acertos será de 100 puntos. Superarán a fase de oposición aqueles aspirantes que contesten correctamente, cando menos, o 40 % da puntuación resultante da media das 10 puntuacións máis altas obtidas polos opositores desta proba. FASE DE CONCURSO Consistirá na valoración polo Tribunal con arranxo ao baremo do Anexo II da publicación no BOCM. Os aspirantes que superaran a fase de oposición disporán dun prazo de quince días naturais para presentar a documentación orixinal ou fotocopias compulsadas. A puntuación máxima posible que se pode obter na fase de concurso é de 100 puntos. RESOLUCIÓN A calificación final obteráse sumando a puntuación obtida na fase de oposición á obtenida na fase de concurso e a adicional dos aspirantes que concursen polo sistema de promoción interna, quenes terán preferencia á hora da elección de prazas. Éstas adxudicaránse pola orde da puntuación obtida.
|
||
|
home-
noticias - servicios
- asesoría - colegiación
- descuentos - empleo
- enlaces - tu espacio
- junta de gobierno - tablón
de anuncios
|
||