|
|||
|
Segundo publica o BOE do pasado día 23 de Febreiro de 2008, convócase
concurso-oposición para cubrir 89 plazas de ATS/DUE, das cales o 5%
serán reservadas para persoal discapacitado. Os impresos para participar nestas probas selectivas poderánse obter na Dirección do Instituto Nacional de Xestión Sanitaria, nas súas direccións territoriais de Ceuta e Melilla e no Centro Nacional de Dosimetría de Valencia. Tamén poderá cumplimentarse na páxina web do Instituto Nacional de Xestión Sanitaria www.ingesa.msc.es. Ao rechear o formulario débese cumprimentar o número de código da categoría que é o 6001. Unha vez cumprimentada a solicitude, débese presentar en calqueira oficina do BBVA para ingresar na conta nº 0182-2370-42-0200066697 a cantidade de 20,71 euros. Estarán eximidas do pago aquelas persoas que acrediten ter unha minusvalía igual ou superior ao 33% ou os que figuren coma demandantes de emprego durante, cando menos, un mes antes da data da convocatoria. As solicitudes dirixiránse á Dirección do Instituto Nacional de Xestión Sanitaria, e se poden presentar en:
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais dende o día seguinte á publicación desta convocatoria. O lugar, data e hora do exame publicaráse no BOE cando menos cunha antelación de vinte días naturais á realización do exame. OPOSICIÓN A oposición comprenderá a realización dun exercicio de carácter eliminatorio durante un período máximo de dúas horas, contestando a un cuestionario de 50 preguntas máis cinco de reserva relacionadas co programa recollido no anexo II da resolución do BOE do 23 de Febreiro. Cada pregunta correctamente contestada valoraráse con 2 puntos. A puntuación máxima alcanzable é de 100 puntos, sendo imprescindible alcanzar os 50 puntos para aprobar. CONCURSO Vai dirixido a evaluar as competencias profesionais dos aspirantes e consistirá na valoración polo Tribunal dos méritos que se acrediten. O baremo adxúntase no anexo III da resolución do BOE de 23 de Febreiro de 2008. A puntuación máxima posible é de 100 puntos. A calificación final obteráse sumando a puntuación da fase de oposición á puntuación da fase de concurso.
|
|||
|
home-
noticias - servicios
- asesoría - colegiación
- descuentos - empleo
- enlaces - tu espacio
- junta de gobierno - tablón
de anuncios
|
|||