Segundo publicou o DOG, foron convocados os procesos
selectivos de diversas categorías de persoal estatutario do Organismo
correspondente á Oferta de Emprego Público do ano 2006. Agora procede
convocar un concurso de traslados que posibilite ao persoal estatutario do
SERGAS, así coma de outros servizos de saúde, o exercicio do dereito á
movilidade. Poderá solicitar o concurso de traslados:
- -Personal Estatutario fixo da mesma ou homologada categoría que
desenrole ou teña praza reservada nas institucións sanitarias dos
servizos de saúde do Sistema Nacional de Saúde, sempre que tomara
posesión da súa praza con, ao menos, un ano de antelación.
- -Persoal Estatutario fixo dos servicios de
saúde do Sistema Nacional de Saúde en situación distinta á de activo e
que non teña reserva de praza da mesma ou homologada categoría, se reúne
os requisitos legais para incorporarse ao servizo activo no derradeiro
día do prazo.
- -Para a provisión de prazas do Servizo de
Atención Primaria poderán participar os funcionarios de carreira da
clase de practicantes titulares, ATS de zona e ATS de urxencias.
- -Obrigatoriamente, deberá participar o Persoal
Estatutario fixo en situación de reingreso provisional ao servizo activo
no SERGAS, debendo solicitar todas as prazas da súa categoría.
Os participantes poderán solicitar todas as
prazas que consideren convenientes e a petición de praza nun centro ou
complexo hospitalario supón a petición de todas as prazas convocadas, ó
igual que se se solicitan nun centro de Atención Primaria.
INSTANCIAS
As solicitudes deberán dirixirse á Dirección de Recursos Humanos e desenvolvemento Profesional
do SERGAS (C/ S. Lázaro s/n, 15703-Santiago
de Compostela) e pódense presentar na Consellería de Sanidade, nas
delegacións Provinciais da devandita Consellería, nas Direccións
Provinciais do SERGAS, nos servizos de persoal dos centros do
SERGAS e nos servizos de persoal das Xerencias de Atención Primaria do SERGAS.
PRAZOS
O prazo de presentación de instancias amplíase ata o vindeiro 31 de
Agosto
Durante este prazo poderáse modificar ou anular unha solicitude, despois de
el, non.
Os participantes deberán presentar:
-Fotocopia do DNI ou pasaporte.
-Copia compulsada do seu nombramento en propiedade.
-Certificado orixinal expedido polo servizo de persoal do centro
onde actualmente presta os seus servizos.
-Copia compulsada de ter superados os cursos de coñecemento do
galego.
-O persoal con nombramento estatutario fio na categoría deberá
adxuntar copia compulsada do seu derradeiro nombramento en propiedade. O
persoal en situación de excedencia presentará copia compulsada da
resolución na que se lle concedeu e o persoal de reingreso, copia
compulsada da resolución pola que se autorizou o reingreso.
Unha vez feita a baremación, os concursantes disporán de 15 días
hábiles ao seguinte da
publicación para reclamar.
Os concursantes que obteñan praza deberán cesar na que desempeñe nos 3 días hábiles contados a partires do seguinte da publicación.
A
toma de posesión faráse nos 3 días hábiles seguintes ao do cese. Se é de distinta área de saúde, 15 días hábiles
e se é doutro servizo, un
mes. Se a toma de posesión corresponde ao reingreso, o prazo será dun
mes.
MÉRITOS
O baremo total non pode ser superior a 260 puntos, distribuídos da
seguinte maneira:
1) Experiencia profesional (ata 250 puntos):
-Servizos prestados coma fixo na mesma categoría: 0,60 puntos/mes.
-Servizos prestados coma fixo en diferente categoría: 0,25 puntos/mes.
-Servizos prestados coma temporal na mesma categoría: 0,30 puntos/mes.
-Servizos prestados coma temporal en diferente categoría: 0,10
puntos/mes.
-Os servizos prestados con nombramento de atención continuada ou
gardas en urxencias extrahospitalarias computaránse coa equivalencia
dun mes completo por cada 130 horas traballadas nese mes.
2) Coñecementos da lingua galega (ata 10 puntos):
-Iniciación: 5 puntos.
-Perfeccionamento: 10 puntos.
Ambos títulos non son acumulables.
Se tes calqueira dúbida, chámanos e te axudaremos. |