RESOLUCIÓN POLA QUE SE FAN PÚBLICOS OS ACORDOS DOS TIBUNAIS DA OPE:
MÉRITOS
No DOG do 25 de Setembro publicouse que se pon fin á fase de oposición e comenza a fase de concurso, na que os aspirantes que pasaran os exames teñen que presentar a documentación acreditativa dos méritos que aleguen. Ademáis, pola Resolución do 17 de Setembro de 2007 publicáronse as puntuacións definitivas acadadas polos aspirantes desta categoría de DUE.
  • Declárase rematada a fase de Oposición
  • Publícase a relación alfabética e a relación por orde de puntuación alcanzada no conxunto dos exercicios dos aspirantes que superaron a fase de oposición nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do SERGAS e na súa páxina web www.sergas.es.
  • Abrir o plazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, para que estes aspirantes presenten a documentación acreditativa dos méritos que aleguen.
  • Todos os aspirantes que superaran a fase de oposición, deberán achegar no modelo contido nesta resolución os méritos que aleguen xunto coa fotocopia compulsada do seu DNI, así como a  seguinte documentación:
  1. Fotocopia compulsada do título.
  2. Os participantes que accedan polas quendas de promoción interna e de discapacitados deberán achegar orixinal ou certificación compulsada acreditativa.
 
home- noticias - servicios - asesoría - colegiación - descuentos - empleo - enlaces - tu espacio - junta de gobierno - tablón de anuncios