|
Resolución do 14 de maio de 2009, da
Dirección de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter
provisional, os aspirantes admitidos e excluídos para participar no
concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal
estatutario do organismo.
Os puntos 1 e 2 da base cuarta da resolución da
Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009
(Diario Oficial de Galicia nº 40, do 26 de febreiro) pola que se convoca
concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal
estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevé que, unha vez expirado o
prazo de presentación de instancias, se dite unha resolución declarando,
con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos, co motivo
da exclusión, así como a súa publicación.
Por todo isto, esta Dirección de Recursos Humanos
ACORDA:
Primeiro.-Declarar, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e
excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso nas
categorías de albanel, calefactor/a, carpinteiro/a, celador/a, cociñeiro/a,
costureiro/a, electricista, enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía
(matrón/a), enfermeiro/a especialista en saúde mental, enxeneiro/a
técnico/a, fisioterapeuta, fontaneiro/a, grupo administrativo da función
administrativa, grupo auxiliar da función administrativa, grupo de xestión
da función administrativa, grupo técnico da función administrativa,
lavandeiro/a, logopeda, mecánico/a, pasador/a de ferro, perruqueiro/a,
persoal de enfermaría (ATS/DUE), persoal de servizos xerais, pinche,
técnico/a de xestión de sistemas e t.i., técnico/a en coidados auxiliares
de enfermaría, técnico/a especialista de sistemas e t.i., técnico/a
especialista en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a especialista en
hixiene bucodental, técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico
clínico, técnico/a especialista en laboratorio de diagnóstico clínico,
técnico/a especialista en radioterapia, técnico/a superior de sistemas e
t.i., telefonista, terapeuta ocupacional, traballador/a social, de persoal
estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado pola resolución da
Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009
(Diario Oficial de Galicia nº 40, do 26 de febreiro).
Segundo.-As listaxes coa relación de aspirantes admitidos e excluídos
poderán examinarse nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e
periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, nos
dos centros de xestión de atención primaria e especializada do Servizo
Galego de Saúde e na súa páxina web (www.sergas.es).
Terceiro.-Os apirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles,
contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no
Diario Oficial de Galicia, para poder emendar, se é o caso, o defecto que
motivou a súa exclusión.
Santiago de Compostela, 14 de maio de 2009.
Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos do Servizo
Galego de Saúde
|