Carlos Fernández Gómez, presidente del Colegio de Enfermería de Pontevedra"Dende esta tarima, quero invitar a todo o colectivo de Enfermería a participar do grande avance que supón o fenómeno de Internet. Obviar unha revolución como esta sería terrible.

A nosa profesión, ó igual que outras moitas, non pode pecha-los ollos e debe buscar vías coas que mellorar día a día, e a Rede é unha delas. Por iso, no Colexio de Enfermería de Pontevedra realizamos un esforzo para saír ó 'ciberespacio' e palpar máis de preto o que se move na Rede.

Con este proxecto esperamos achegarnos un pouquiño máis cada día ás túas inquedanzas como enfermeira/o. Confiamos en que esta web sexa unha estrada de dobre dirección na que nós poidamos dirixirnos a ti, pero na que tamén ti sexas quen de achegarte a nós.

A partir de agora, intentaremos contestar a calquera dúbida ou proporciona-la información que solicites non só nas nosas oficinas, senón tamén neste espacio virtual. Por iso, confiamos en que empregues o enderezo de correo electrónico cando o creas conveniente. Intentaremos non defraudarte e cumprir o noso compromiso co colectivo de Enfermería en Pontevedra.

Un saúdo".

Carlos Fernández, presidente do
Colexio de Enfermería de Pontevedra
 
home- noticias - servicios - asesoría - colegiación - descuentos - empleo - enlaces - espacio - junta gobierno - tablón anuncios