|
A Escola Universitaria de
Enfermería e Fisioterapia "San Juan de Dios", integrada na Universidade
Pontificia Comillas convoca un certamen de relatos breves para
profesionais e estudantes de Enfermería ou Fisioterapia. Cada relato debe
ser presentado por unha persoa e debe ter relación co exercicio da
Enfermería ou a Fisioterapia. Han de ser relatos inéditos e escritos en
castelán, cunha extensión máxima de 4.000 palabras (10 páxinas de tamaño
DIN A4 a doble espazo).
Presentaránse sen sinatura e por cuadruplicado nun sobre pechado sen
remite. Dentro incluiráse tamén outro sobre pechado coa información sobre
o autor (nome, enderezo, teléfono e, se é posible, correo electrónico), e
algún documento que acredite como profesional ou estudante de enfermería
ou fisioterapia, indicando no exterior unicamente o título do relato xunto
coa condición de profesional ou estudiante do autor.
Os orixinais han de enviarse a:
Escuela Universitaria de Enfermería y
Fisioterapia San Juan de Dios
C/ Serrano, 199-28016-Madrid
Facendo constar "Para o certame de relatos
breves" O prazo de
presentación rematará o día 3 de Novembro de 2008 e os premios serán os
seguintes:
O fallo do xurado será inapelable
e se dará a coñecer a derradeira semana de actividade docente de 2008.
Podedes seguir todo o proceso en
www.upcomillas.es
(sección Escola de Enfermería e Fisioterapia). |