Antropoloxía Social e Cultural

Coma xa viñemos informando en anteriores datas, o Colexio Oficial de Enfermería de Pontevedra realizará, en colaboración coa Universidade Católica de Murcia (UCAM), o Segundo Ciclo da Licenciatura en Antropoloxía Social e Cultural. Algúns representantes desta prestixiosa universidade estiveron no Colexio para nos informar acerca de todo o proceso do curso.

Ó redor do 90% dos matriculados son DUE que realizaron este ciclo formativo para alcanzar os programas de posgrao e/ou doutorado. Uns 500 enfermeiros galegos xa realizaron esta Licenciatura, afirmando que é " bonita e moi enriquecedora a nivel persoal". O fin principal da carreira é que, á marxe de realizar unha licenciatura, co novo plan de estudos a nivel europeo obteríase o grao 240ETCS (créditos europeos) para poder acceder ao doutorado. Ademáis de todo isto, e dependendo das inquedanzas persoais, pode ser un perfecto trampolín para acceder a postos de responsabilidade no SERGAS, coma a supervisión, coordinación de área, dirección...

 Otemario do ciclo é bastante resumido con partes diferenciadas e esquematizadas, con mestres moi profesionais e sempre en pro do alumno. Outro dato a favor do curso é o novedoso Sistema de Ensinanza Semipresencial, que se adapta ás circunstancias dos alumnos con ocupacións laborais e que permite un mellor contacto entre mestres e alumnos que o resto de modalidades de educación a distancia.

Do 20% ao 30% da docencia ten un carácter presencial, impartíndose, probablemente, durante os venres tarde e os sábados pola mañá unha ou dúas veces ao mes.

A docencia tamén dispón dun sistema de tutorías telefónicas e informáticas, chats e foros que conforman o chamado e-Learning, poñendo a disposición do alumno todo tipo de materiais pedagóxicos para a autoaprendizaxe.

Os exames de Xuño faranse en Murcia obrigatoriamente e serán a finais do devandito mes. No caso de suspender, os de Setembro e Decembro tamén teríades que facelos en Murcia. Os exámenes semestrais faranse na sede correspondente sempre e cando se forme grupo. De calqueira modo, os aprobados soen estar entre o 90-95% dos alumnos.

En canto ao custo do curso, será duns 3000 euros por ano, (quizáis algo menos), un precio similar ao dos ciclos da UNED.

Para facer os pagos poderás beneficiarte da financiación dun crédito especial para tódalas idades da CAM (Caixa de Aforros do Mediterráneo), ubicada en Vigo na rúa Policarpo Sanz, 29 e en Pontevedra na rúa Marqués de Riestra, 9.

Este crédito de ata 3000 euros non ten intereses e se pode pagar ata en 6 meses, sen comisión de estudo nin de amortización anticipada e un 3% de comisión de apertura (mínimo 45 euros).

Para rematar, queremos avisarvos de que as clases comenzarán cara finais de Outubro, ainda que si se forma grupo podería ser un pouco máis tarde. Necesitaríanse un mínimo de 25 persoas para formar a sé, cifra que, de non se conseguir entre Vigo e Pontevedra, podería levar a devandita sé a Ourense.

Todos aqueles colexiados que esteades interesados, chamade canto antes ó Colexio para face-la preinscripción, ou baixade as instancias de Internet, cubrídeas e logo enviádeas á UCAM, dende onde vos tramitarán a matrícula. Lembrade que este será un dos derradeiros cursos antes da entrada en vigor do novo plan de estudos universitarios.

¡NON O DEIXEDES PASAR E NONTEREDES QUE DESPLAZARVOS A OUTRA PROVINCIA!

¡
 

 
home- noticias - servicios - asesoría - colegiación - descuentos - empleo - enlaces - tu espacio - junta de gobierno - tablón de anuncios