O Colexio de Enfermería de Ponteveda é líder en prestación de servicios. No seu afán por dar cobertura ás principais necesidades dos profesionales incorporou ao seu equipo unha plantilla xoven e altamente cualificada nos seus respectivos campos de traballo, que se organiza en varios departamentos:

Área Xurídica

Trátase dun servicio totalmente gratuíto proporcionado polo Colexio de Enfermería de Pontevedra ó que ti, só por ser a nosa/o colexiada/o, tes dereito.

Os nosos profesionais resolverán as túas dúbidas e atenderante nas oficinas do Colexio. Chámanos e concerta unha cita co noso gabinete de asesoría xurídica ou dirixe as túas consultas co teu nome e número de colexiada/o ó noso enderezo de correo electrónico. Os nosos expertos tratarán o teu caso e responderante o antes posible.

Responsable: Javier Pérez Estévez.

Área Fiscal

Ademais, o Colexio de Enfermería de Pontevedra conta tamén cunha asesoría de carácter fiscal á que podes acudir, sempre previa cita, para resolver dúbidas ou problemas de carácter económico.

O noso servicio 'estrela" é o de Declaración da Renda, no que os nosos asesores faranche de forma totalmente gratuíta a túa declaración do IRPF e buscarán o mellor método para que esta sexa o máis rendible posible.

Responsable: Francisco Otero Guinea.

Área de Comunicación

Unha institución de prestixio e con tanta representatividade no sector sanitairo necesita proxección social e un contacto continuo cós medios de comunicación. Esta é a laboura que desenvolve o noso gabinete de prensa.

Entre as funcións desenvolvidas destacan a redacción de notas de prensa, elaboración do Boletín profesional do Colexio e xestión dos contidos da páxina web, ademáis de colaborar na realización de actividades formativas, conferencias e eventos de carácter público que benefician a nosa imaxe.

Este departamento tamén está o servicio dos colexiados e profesionais da Enfermería para que, a través del, fagan públicas as suas reivindicacións e acaden difusión dos seus proxectos e iniciativas.

Responsable:

comunicacion@coepo.com

 
home- noticias - servicios - asesoría - colexiación - descontos - emprego - enlaces - o teu espacio - xunta de goberno - tablón de anuncios